Os días 3 e 4 de outubro celebrouse en Málaga o XXVIII Encontro da Federación Alumni España. Por parte de Alumni USC asistiron a presidenta, Eva López Barrio e a vicepresidenta, Luisa Rivas García.
Baixo o título de “Conectando pasados, inspirando futuros” cumpleuse a idea de fortalecer a rede de antigos/as alumnos/as e fomentar a colaboración entre diversos actores sociais. O Encontro desenvolveuse no Reitorado da Universidade de Málaga e participaron maís de 80 Alumnis de Universidades Españolas que están federadas.






