Os días 5 y 6 de outubro celebrouse o XVII Encontro da Federación Alumni España na cidade de Pamplona, coa Fundación UPNA.
O Encontro centrouse no papel dos/das alumni na transferencia de coñecemento da Universidade; con mesas redondas sobre alumni, emprego e empregabilidade e as sinergias actuáis entre humanidades, arte, ciencia e tecnoloxía.
A presidenta, Eva López Barrio, e a vicepresidenta, Luisa Rivas García, acudieron ao evento con moita ilusión, por ser a primeira vez, e coa proposta de que Alumni USC e a súa cidade sexan a sede do XXX Encontro da Federación Alumni España no 2026, xa que ambas institucións cumpren os mesmos anos de existencia.



O día 6, a presidenta, Eva López Barrio, impartiu unha charla sobre o seu proxecto Innovatia 8.3 que leva coa USC, favorecendo a perspectiva de xénero nas empresas univesitarias.


Dentro do programa do Encontro figuraba a intervención do Ministro de Universidades, Joan Subirats, presente na foto.

As nosas Presidenta e Vicepresidenta con Antonio J. Redondo, presidente da Federación Alumni España.
