O día 4 de maio a Presidenta acudiu á Xornada de Orientación Laboral organizada na Facultade de Ciencias da Comunicación para informar do noso espazo de emprego LABORICIA, o portal de emprego de Alumni USC, que pretende captar e reter o talento dos mozos e mozas da nosa comunidade en Galicia.
Na xornada estivo acompañada por Mª Dolores Otero, Xefa do Servizo de Orientación Laboral da Xunta de Galicia, Silvia Doce Sexto, Directora do departamento de Becas de Feuga, Rosa Sánchez Santos, Uninova, Nuria Rey Quintás, Área de Orientación Laboral e de Emprego da USC, Álvaro Pérez Becerra, Presiente da Academia Galega do Audiovisual e Xaime Leiro, Vogal da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas de Galicia.