Os días 25 e 26 de outubro, Alumni USC estivo presente na xornadas de Economía circular que tiveron lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais que también albergaron a V Feria de Emprendedoras de Compostela 2023.
Para o acto inaugural contouse coa presenza de Goretti Sanmartín, Alcaldesa de Santiago, Mª Pilar Murias, vicerreitora de estudantes, cultura da USC, Xoan Ramón Doldán, decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e Mónina Chao, presidenta de Women Action for Sustaintability.
A organizadora do evento foi Isabel López-Rivadulla, vicepresidenta de Women Action for Sustaintability e contouse coa presenza tamén de Carme Casado, responsable de Promoción Económica e Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago que tamén é vogal de Alumni USC. Entre as empresas que estiveron presentes están: Alcampo, Heineken, Inditex, Signus, Sener, e o Colectivo de Creativas Galegas.




