A promoción 67-72 do Grao de Químicas celebrou o 11 de xuño as súas vodas de ouro visitando o Recanto da Saudade e a placa conmemorativa que recorda o seu paso polas aulas.
O evento organizado polo comité (encabezado por Juan J. Casares Long, Roberto Almuiña Díaz, Jesús Isla Arjones e José Domínguez Castiñeiras) realizouse no Salón de Graos da Facultade. O seu decano, Jesús Sanmartín Matalobos, foi o encargado de recibir aos ex-alumnos. Tamén estiveron na mesa presidencial Jesús López Romalde, que representaba a Alumni USC, Miguel A. Ríos Fernández, representante do profesorado, e os alumnos representantes da promoción, Lourdes González Rodicio e Juan J. Casares Long.