O sábado, 28 de setembro, a promoción 1993-1998 celebrou o seu 25 aniversario en Santiago. A Comisión organizadora estivo encabezada por Teresa Jorge.
Para comezar a xornada, reuníronse no Recanto da Saudade onde colocaron unha placa conmemorativa. Logo foron ao Salón de actos da Facultade de Medicina onde tivo lugar o acto central. En dito acto tiveron a palabra o decano do centro: Julián Álvarez Escudero, os representantes do profesorado: Manuela Lema Bouzas e Francisco J. Jorge Barreiro; como representantes da promoción, Montserrat Blanco Ramos e Enrique Carro Rey e a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio.
Despois da Facultade foron a xantar ao Hotel Monumento San Francisco.

