O pasado venres, 12 de xullo, tiveron lugar as vodas de prata de Enxeñaría Química 1994-1999, ás cales a nosa presidenta, Eva López, acudiu coma representación de Alumni USC.
Previo ao inicio do acto, ofreceuse unha visita guiada polo centro, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). Unha vez rematada a visita, a celebración comezou ás 17:00h, onde interviron varios profesores e profesionais do ámbito: Dª. Julia González Álvarez, directora da ETSE; D. Juan Manuel Lema Rodicio, presidente da RAGC; Dª. Almudena Hospido Quintana, coordinadora do Grao en Enxeñaría Química; D. Héctor Rodríguez Martínez, coordinador do máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos; D. Antonio Cuevas Iglesias, responsable de enxeñaría de procesos en I+D+i en CALVO; Dª Ana Maceiras Fernández, directora de Saúde e Segurdiade dos productos en INDITEX; D. Ramón Blanco López, director de Economía Circular en VALTALIA e Dª Eva López, a nosa presidenta.
Dende alumni queremos felicitar á promoción de 1994-1999 de Enxeñaría Química. Parabéns polo 25 aniversario!

