O sábado, 19 de outubro, a promoción do directivo de Alumni USC, Modesto Gómez, celebrou o seu 26 aniversario, porque o ano pasado non lograron xuntarse.
Ao acto no Salón de Graos da Facultade de Económicas e Empresariais, asistiron o decano do centro, Xoán Ramón Doldán García, a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, o profesor da promoción, Xesús Vega Buján e o propio Modesto Gómez, que interveu en representación do alumando da promoción.
Tamén descubriron unha placa na Facultade baixo a orla, coa intervención de María Querubina Lamas Rey, alumna da promoción, a profesora, Xulia Guntín Araujo e o decano, Xoán Ramón Doldán.
Logo remataron a xornada cunha fotografía de grupo nas escadas que dan ao Salón de actos e nunha Aula.
As fotografías fíxonas Xaime Cortizo.

