O 9 de setembro, a promoción 1965-1970 de Químicas celebrou as súas vodas de ouro cun ano de retraso, debido á situación creada pola COVID-19, xa que a celebración tivo que anularse o ano pasado.
O grupo visitou o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e o Recanto da Saudade onde teñen unha placa conmemorativa e tiveron un acto na Facultade de Químicas que estivo presidido pola decana, Pilar Bermejo, e tamén interviron: Jesús López Romalde, como representante de Alumni USC e os compañeiros da promoción: Otilia Mo, Felipe Macías e Gonzalo Mucientes. Remataron os actos cun xantar no Hotel Monumento San Francisco.