Promoción 1966-1971
O xoves, 15 de xullo, os integrantes da promoción de Ciencas Químicas 1966-1971 reuníronse no Recanto da Saudade para conmemorar a súa volta á USC nun acto presidido pola presidenta de Alumni USC, Benita Silva. Algúns dos membros da promoción son socios coñecidos como Manuel López-Rivadulla, presidente do Ateneo de Santiago, Juan Lema, catedrático da Escola Superior de Enxeñaría da USC ou Ramón Pampin, profesor desta última Escola e sendeirista do Club de Sendeirismo noso.