O pasado venres, 14 de Xuño, Alumni USC tivo o pracer de organizar a ben esperada reunión da promoción de 1968/1974 de medicina.
Os antigos alumnos comezaron a celebración das súas Vodas de Ouro pola mañá, cunha visita ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Posteriormente, tras sacar unhas fotografías de recordo, deu comezo o Acto Académico no Salón de Actos da súa antiga facultade. A reunión foi aberta e pechada polos discursos do Decano Julián Álvarez, e tivo intervencións de diversas persoas presentes no acto: o representante do profesorado, Manuel Noya García, os representantes do alumnado, Olga Villar e Rafael Reparaz, e a representante de Alumni USC, Eva López, a nosa presidenta.
Unha vez rematado o acto, os antigos alumnos reuníronse no Convento de San Francisco para desfrutar dunha deliciosa comida.
Dende Alumni USC queremos felicitar á promoción de 1968/1974 polas súas Vodas de Ouro. Grazas por confiar en nós!



