O 21 de novembro celebráronse as Vodas de Ouro da promoción 1967-1970 de Enxeñaría Técnica Agrícola, a primeira formada en Galicia, coa colaboración de Alumni USC.
O acto celebrouse ao aire libre no Recanto da Saudade do Campus de Lugo onde os representantes da promoción colocaron unha placa conmemorativa. Foi un acto memorable que contou coa asistencia de numerosas personalidades: o Presidente da Deputación de Lugo, a Alcaldesa (ambos titulado en Enxeñaría Técnica Agrícola), a Xefa Provincial da Consellería de Medio Rural, os Presidentes dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e de Ourense, entre outras personalidades.
Alumni USC estivo representado no acto polo vicepresidente Carlos Herrero Latorre. Agradecemos a dedicación e o empeño que puxo na organización do evento José Antonio Pardiñas, coordinador de Alumni USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, e tamén a colaboración deste centro.
É una efeméride histórica xa que son as primeiras Vodas de Ouro que se celebran no Campus de Lugo ao ser esta promoción pioneira, formada por 22 persoas tituladas das que catro foron mulleres. Os profesionais que a compoñen desenvolveron unha labor encomiable nun ámbito de suma importancia para Lugo e para toda Galicia.