O venres, 18 de outubro, un grupo de socias e socios, encabezados pola vicepresidenta, Luisa Rivas, asistiron á visita guiada pola gran profesional, Rosi, polo Patrimonio histórico da USC.
O grupo percorreu as estancias máis emblemáticas: o Claustro de Fonseca, a Biblioteca América, que alberga o libro de horas do rei Fernando I, o Pazo de Fonseca, o Salón Reitoral do Pazo de San Xerome, e o balcón que da á Praza do Obradoiro.
O grupo salientou a profesionalidade da guía e o rico patrimonio que posee a nosa benquerida universidade.

