O pasado 21 de Maio, Alumni USC tivo o pracer de acudir á visita guiada do Museo Galego de Psicoloxía, situado na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Alfredo Campos, socio e coordinador de Alumni USC na propia facultade, guiou ao grupo pola estancia, ensinando diversos instrumentos de uso científico e educativo ao longo do tempo e incluso retando aos visitantes a resolver certos enigmas relacionados co ámbito psicolóxico.


