O pasado 18 de marzo, Alumni USC realizou unha visita institucional ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) para explorar posibles vías de colaboración.
Foron recibidos por Nuria Sánchez, subdirectora e responsable de formación continua, e Nuria Cid, socia e membro do departamento de servizos, ademais de enóloga do CSHG. Durante o encontro, abordáronse propostas para fortalecer a cooperación entre ambas as dúas institucións no ámbito formativo e profesional.


