O mércores 7 de xuño ás 17 horas, Alumni USC organizou unha visita guiada pola Facultade de Económicas e Empresariais onde se albergan obras escultóricas e pictóricas de artistas galegos como:
Escultura: a Pasionaria, famosa por estar no exterior, de Camilo Otero. Obra de Buciños, Xosé Cid, Acisclo Manzano, José Díaz Fuentes, Xoan Piñeiro, Elena Colmeiro, Miguel Saco, Mos Vasco e Mª José Díaz.
Pintura: Xosé Conde Corbal, Virxilio, Lodeiro, Xavier Pousa Carreira, Antonio Fernández, Xaime Quessada, Anxel Huete, Guillermo Monroy, Antón Patiño, Armando Guerra, Xosé M. Quintana Martelo, Xulio Maside, Xosé R. Morquecho e X. Pardiñas.