
Este martes 28 de marzo, un grupo de socios de Alumni tivo o pracer de achegarse á Cidade da Cultura para visitar á exposición Camiños creativos, dispoñible ata o 9 de abril, que está conformada por un centenar de obras datadas desde o século XVIII ata a actualidade, e que exploran o vínculo entre o movemento e a arte, reivindicando o desprazamento como parte do proceso creador.

A mostra, que as socias e socios puideron experimentar e percorrer polo seu propio pé, conta con pezas moi diversas procedentes de multitude de museos e prestixiosas coleccións de oito países europeos, e foi comisariada por Monserrat Pis Marcos, historiadora da arte cunha traxectoria profesional de máis dunha década ao servizo de institucións museísticas e culturais nacionais e internacionais, e filla dunha parella de socios de Alumni USC.
