O sábado, 23 de abril, os membros do Club de sendeirismo completaron a etapa de Lires a Muxía, finalizando cunha comida xunto á praia de Lourido, no Parador de Muxía. O mérito de ter percorrido este camiño foi recompensado co reparto das Muxianas, cuxos certificados foron entregados por Iago Toba, alcalde de Muxía.


Ao rematar os visitantes puideron desfrutar dunha visita ao Parador e á súa contorna, guiados polo director Julio Castro. Tamén estiveron presentes o presidente de Alumni, Agustin Pena, e a escritora Rocío Leira.
