Día das Letras Galegas 2024

O día previo a celebración do día das letras galegas, o 16 de Maio, Alumni USC estivo presente no acto académico celebrado pola Universidade de Santiago de Compostela no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, presidido polo reitor Antonio López. A representante de Alumni USC, María Curros Ferro, acudiu ao acto en honra de...

Ler máis

Conferencia sobre María de Maetzu

Na Facultade de Filoloxía da USC tivo lugar onte, 15 de Maio, a charla “A travesía vital da educadora heroica María de Maetzu Whitney”. Esta conferencia foi presentada pola presidenta de Alumni USC, Eva López, e pronunciada por María Curros. Está tamén baseada na tese desta última que, a día de hoxe, é a...

Ler máis

Reunión da Casa de Galicia de Madrid

O pasado xoves 9 de maio a nosa presidenta Eva López, acompañada do Ex-Reitor Darío Villanueva mais a Deputada Marta González e a compañeira de Alumni USC Isabel Rivadulla, reuniuse as 12:00h na Casa de Galicia de Madrid co Director da mesma, Don Javier Vázquez Prado. Na xuntanza, falouse da posibilidade de empregar a...

Ler máis

Club de Sendeirismo- Ruta de Ribadumia a Vilanova de Arousa

O pasado sábado, 27 de Abril, o Club de Sendeirismo retomou as súas actividades cunha andaina de 16 quilómetros entre Ribadumia e Vilanova de Arousa. Os sendeiristas puideron desfrutar do camiño, o cal coincide coa 2ª etapa da Variante Espiritual do Camiño de Santiago Portugués pola costa, cunha parada a metade de camiño en...

Ler máis

Reunión coa Asociación COPEGAL

O pasado xoves, 18 de abril de 2024, a presidenta de Alumni USC, Eva López, xunto coa vicepresidenta, Luisa Rivas, asistiron á unha reunión con Paula Suárez, presidenta da Asociación COPEGAL (Asociación a prol da creación do Colexio Oficial de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia) e con Lely Vizoso, secretaria de COPEGAL. Na reunión acordouse unha...

Ler máis

Conversa con Maricarmen Guisán Seijas

Onte, Martes 16 de Abril de 2024, tivo lugar a Conversa con Maricarmen Guisán Seijas, ex-docente da USC, conducida por Carme Casado Casado, Secretaria da Xunta Directiva de Alumni USC. A antiga profesora da Universidade de Santiago de Compostela, quen é unha das economistas españolas máis influentes de España, compartiu información sobre a súa...

Ler máis

Reunións no Campus de Lugo

O pasado venres 5 de abril a presidenta, Eva López Barrio, a vicepresidenta, Luisa Rivas García, e o directivo, José A. Pardiñas, xunto cos técnicos da USC, Sabela López e José M. Rebolo, mantiveron sendas reunión no Campus de Lugo para presentar o 2ª Encontro Alumni USC neste Campus. Primeiro reuníronse no CEI Nodus...

Ler máis

A presidenta e a vicepresidenta asisten ao acto Honoris Causa

O pasado venres 31 de marzo, Eva López Barrio, actual presidenta de Alumni USC, acudiu en compañía da vicepresidenta Luisa Rivas García, ao acto insitucional ‘honoris causa‘ celebrado no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. Durante o acto, a profesora Mary Beard, catedrática da Universidade de Cambridge, e o profesor Ivo Castro, catedrático...

Ler máis

Visita á exposición “Camiños creativos” na Cidade da Cultura

Este martes 28 de marzo, un grupo de socios de Alumni tivo o pracer de achegarse á Cidade da Cultura para visitar á exposición Camiños creativos, dispoñible ata o 9 de abril, que está conformada por un centenar de obras datadas desde o século XVIII ata a actualidade, e que exploran o vínculo entre...

Ler máis