O 30 de Xullo, a presidenta de Alumni USC, Eva López, e a videpresidenta, Luisa Rivas, acudiron ao Salón de Plenos do Consello Social para a sinatura dun convenio marco entre a Alumni USC e a Universidade de Santiago de Compostela.
No acto interviron a presidenta de Alumni USC e o Reitor da USC, Antonio López Díaz. Tamén estiveron presentes a Secretaria Xeral da USC, Dulce Mª García Mella, e a vicepresidenta de Alumni USC, Luisa Rivas García.
Dito convenio marco rixe as directrices de colaboración entre ambas institucións.


