Conferencia “Intelixencia Artificial: nin tan intelixente nin tan artificial”

O pasado 27 de febreiro, o director científico do CiTIUS, Senén Barro Ameneiro, impartiu unha conferencia divulgativa na Facultade de Filosofía da USC sobre a Intelixencia Artificial (IA).

Baixo o título de “Intelixencia Artificial: nin tan intelixente nin tan artificial”, o obxectivo da charla era dar a coñecer a realidade tecnolóxica actual e desmontar mitos sobre a IA. Barro explicou que, aínda que a IA supera os humanos nalgúns ámbitos específicos, non é unha intelixencia de propósito xeral. Destacou tamén que detrás da tecnoloxía hai un importante traballo humano. Subliñou que moitas tarefas seguen sendo difíciles para as máquinas e que esta depende en gran medida das persoas, achegando unha visión realista do contexto actual ao redor da novidosa ferramenta.