Nestes días de xuño, do 26 ao 28, estase a celebrar a 7ª Asamblea de Reitores de EUniWell, que reúne a profesionais de diferentes universidades europeas para debater e concordar accións para a mellora de diversos aspectos da Alianza; entre eles atopamos Programas Educativos Comúns, a implementación de EUniWell 2030 ou a sostenibilidade ecolóxica entre outros.
Por parte da Universidade de Santiago de Compostela, as persoas que viaxaron á cidade de Nantes para acudir a esta reunión de 3 días de duración foron o Reitor da USC, Antonio López, a Vice-Reitora e Catedrática de Filoloxía Inglesa, María José López Couso, a profesora de Filoloxía Inglesa, Belén Méndez Naya, o presidente do Consello de Alumnado, Andrés Couso Viana, o profesor da Facultade de Dereito, Jose María Miranda Boto, e a Presidenta de Alumni USC, Eva López.