O pasado venres 21 de Xullo, Alumni USC tivo o pracer de acoller na súa sede a Violeta Izquierdo, Comisaria da exposición “Mujeres Académicas de la Universidad Complutense de Madrid (UCM)”. Izquierdo reuniuse coa nosa presidenta, Eva López, para concordar un posible traslado da exposición madrileña a terras compostelás durante un breve período de tempo.
Dita exposición mostra ás primeiras mulleres que exerceron a docencia na UCM; para maior información, deixámosvos co enlace oficial do proxecto a continuación.
