O pasado xoves 9 de maio a nosa presidenta Eva López, acompañada do Ex-Reitor Darío Villanueva mais a Deputada Marta González e a compañeira de Alumni USC Isabel Rivadulla, reuniuse as 12:00h na Casa de Galicia de Madrid co Director da mesma, Don Javier Vázquez Prado.
Na xuntanza, falouse da posibilidade de empregar a Casa de Galicia de Madrid como punto de encontro para futuras actividades de Alumni na capital, coa intención de que os antigos alumnos que xa non se atopan en terras galegas teñan a oportunidade de colaborar coa asociación.
Dende Alumni USC queremos agradecer a Javier Váquez Prado e a Casa de Galicia de Madrid pola súa cálida acollida.