O pasado martes 17 de decembro, a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, reuniuse co decano da Facultade de Bioloxía, Jesús López Romalde. Durante o encontro abordáronse temas de interese mutuo, como a colaboración entre ambas as entidades para a organización de actividades e a participación de Alumni USC nos actos de graduación da facultade.
