O mércores, 24 de Xullo, a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, xunto coa directiva, Ariana Fernández Palomo, acudiron a unha reunión en A Coruña coas representantes da Deputación da cidade, Rosa Ana García López e Mª Luisa Lista Ameneiro.
Nesta reunión coas deputadas coruñesas, presentouse o proxecto EmpleaAlumni USC, preparado por Susana Pérez Crespo, á vez que se acordaba a organización dun evento para os recén graduados na USC baixo a plataforma de emprego de Alumni USC, Laboricia.
