Reunión co Sr. Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O día 15 de outubro, a presidenta, Eva López Barrio, o exreitor Darío Villanueva Prieto e a xestora técnica, Inés Toca Carús, reuníronse co Sr. Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, e o Sr. Secretario Xeral de Universidades, José A. Díez de Castro, para presentarlles dous proxectos de Alumni USC: o 2º Encontro Alumni USC que se celebrará na Casa do Saber de Lugo o 22 de novembro e o proxecto de creación dunha Delegación de Alumni USC en Madrid, que comezará a súa andaina cun gran evento en xaneiro ou febreiro 2025.

O Sr. Conselleiro mostrouse moi colaborador en todos os temas que se lle presentaron e aportou un proxecto novo para levar a cabo en Alumni USC en colaboración coa Xunta de Galicia. Esta iniciativa foi moi ben recibida polos presentes.