A nova Xunta Directiva reuniuse por primeira vez o 27 de marzo para deseñar as directrices a seguir durante o seu mandato do 2023 ao 2027.
A Xunta Directiva estará composta pola Presidenta Eva López Barrio, a Vicepresidenta Luisa Rivas García, a secretaria Carme Casado Casado e polo tesoureiro Enrique López Lorenzana. Como vogais actuarán José Antonio Pardiñas García, María Curros Ferro, Loreto Fernández Fernández, Mª Teresa Bouzada Gil, Modesto Gómez Rodríguez, Juan Carlos Cobas Gómez, Ariana Fernández Palomo, Igor Mella Núñez e Víctor A. García Dopico.
As primeiras palabras da Presidenta foron eloxiosas para a anterior directiva e comentou que sempre estará na lembranza de Alumni USC a presidenta de honra, Benita Silva.