O martes, día 19 de marzo, Víctor Sampedro Blanco presentou o seu libro Voces del 11-M. Víctimas de la mentira, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
O autor deu un repaso da actualidade e falou sobre a realidade do 11-M con motivo do 20 aniversario deste suceso.
Cabe destacar que a recadación de ventas do libro terá como destinataria unha asociación adicada ao apoio das vítimas do 11-M.
No acto tamén contamos coas intervencións de Ana Isabel Rodríguez, Decana da Facultade, Berta García, catedrática de Periodismo e Eva López, presidenta de Alumni USC.
Moitas grazas a todos e ao alumnado da Facultade polo seu interés e asistencia!



