O pasado 5 de marzo de 2025, A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación de Alumni USC nun exitoso evento que reuniu autoridades galegas, membros da comunidade universitaria e destacados representantes da sociedade en consonancia cos nosos socios máis prezados.
O acto arrancou ás 18:30 horas coa inauguración a cargo de Luis E. Ramos, director da Casa de Galicia. A continuación, proxectouse un vídeo promocional de Alumni USC, seguido das intervencións da nosa presidenta, Eva López; Antonio López, reitor da USC; e Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
A continuación, tivo lugar unha mesa redonda baixo a participación dos exreitores da USC Juan J. Casares e Darío Villanueva, ademais de Covadonga Toca, exsecretaria xeral do Consello Social da USC e actual directora xeral do IGAPE, arredor dos inicios de Alumni USC, onde todos eles foron pezas clave. Durante a conversa, destacouse a importancia da rede de antigos alumnos para fortalecer os vínculos entre a comunidade universitaria e o tecido empresarial e institucional.
Mediada a xornada, cara ás 20:00 horas, Eva López presentou a Isabel López-Rivadulla como embaixadora de Alumni USC en Madrid, subliñando o seu papel na conexión entre os exalumnos da USC residentes na capital española.
O evento concluíu ás 20:30 horas coa celebración dun cocktail, propiciando un espazo de encontro e intercambio entre os asistentes.
A presentación de Alumni USC en Madrid marcou un paso fundamental reafirmando o seu compromiso coa comunidade universitaria e coa proxección da USC máis alá das súas fronteiras.






















