Patricia Araque, directora executiva do programa de incubación de proxectos Santander X Explorer, presentou o pasado martes 7 de xaneiro en El Corte Inglés de Santiago de Compostela o libro “Emprender con calma”, onde propón repensar narrativas socioeconómicas e ofrecer unha visión feminista no emprendemento a partir da súa experiencia persoal no sector.
Acompañada pola nosa presidenta, Eva López Barrio, coa que comparte visión en favor do emprendemento en feminino. Araque centrou a súa intervención na importancia de crear empresas sostibles que coiden das persoas, as comunidades e o medio ambiente. Ademais, criticou os modelos empresariais tóxicos explicándo o cambio xeneracional que está a vivir o sector coa inclusión da xente nova, que tende a rexeitar a hipercompetitividade, en favor de valores máis persoais e colaborativos.
A autora alertou tamén do descenso do interese por emprender en España, debido á falta de referentes que conecten coa xuventude, destacando a necesidade de redefinir o concepto de éxito empresarial para inspirar ás novas xeracións.







Fotografías de Jesús Prieto.