O pasado sábado celebrouse na Casa do Saber da USC o II Encontro Alumni USC, onde se puxo en valor o papel clave do Campus Terra no tecido empresarial lugués.
Durante o evento, analizouse a contribución da USC como motor no desenvolvemento social e económica da provincia. Por igual, comentáronse os desafíos que afronta o ensino superior nun futuro próximo, especialmente en termos de igualdade de xénero, onde a necesidade de equilibrar a presenza feminina en áreas tradicionalmente masculinizadas en postos de liderado académico foi subliñada por todos os presentes.
A mesa inaugural estivo formada polo vicerreitor de organización académica e do campus de Lugo, Francisco Fraga; o director xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o edil de emprendemento do Concello de Lugo, Maurio Repetto; o deputado de Promoción Económica da Deputación de Lugo, Pablo Rivera: e a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio.
O foro continuou coa participación de destacados profesionais do sector lucense como Ramón Alonso, xerente de Café Candelas; Elio Pérez, CEO de Innogando; e Leticia Seara, CEO de LegalMit, quen compartiron as súas experiencias sobre como a USC contribuíu ás súas traxectorias. O moderador foi Jose Antonio Pardiñas, directivo de Alumni USC.
Por outra banda, Carlota López Prado, adxunta á presidencia de Aresa; Manuel Lolo, CEO de Amslab; e Carlos Franco, catedrático de Química, destacaron como este vínculo entre a academia e o mundo profesional resulta clave para continuar fomentando á innovación empresarial na provincia. Nesta mesa, a moderadora foi Luisa Rivas, vicepresidenta de Alumni USC.
Rematouse a xornada cun cóctel para os presentes.