O 17 de marzo acompañamos a Chus Iglesias a comprar alimentos co diñeiro recadado na 1ª Carreira virtual solidaria a favor da Asociación PALUSO, que dirixe xunto ao seu marido Serafín Varela.

O total recadado foron 354€, que gastamos en alimentos básicos que Chus foi seleccionando no supermercado.
