O venres, 19 de xaneiro 2024, tivo lugar no Salón de Plenos do Consello Social, a entrega do Premio Humanitas 2023 que nesta ocasión recaeu en Acougo.
Ao acto asistiron, a secretaria xeral da USC, Dulce García, por delegación do Reitor, a presidenta do Consello Socila, Cecilia Sierra, a presidenta de Alumni USC, Eva López, e a presidenta de Acougo, Rebeca Pereira.
O galardón está otorgado polo Consello Social e Alumni USC, con 2.000 €.
Rebeca Pereria agradeceu o premio xa que contribue a visibilizar o traballo da súa entidade con rapazas e rapaces na súa infancia e adolescencia pois na súa opinión “o acollemento por familias é a mellor medida para nenas e nenos e adolescentes con dificultades , nun marco de prevención, atención directa e traballo con profesionais de todos os niveis.
No acto estivo tamén Teresa Bouzada, directiva de Alumni USC e membro do xurado de esta edición, e Paz González, coordinadora de recursos de Acougo.
(Base do artigo sacado do Xornal da USC)


