O 17 de marzo celebramos o acto de entrega das medallas aos gañadores da Carreira virtual solidaria a favor da Asociación Paluso que contou cunha ampla participación de xente moza.
As persoas clasificadas nos primeiros postos foron:
Categoría feminina:
1) Medalla de ouro: Mariam Ferrán Fraga
2) Medalla de prata: Antía Collazo Ferradáns
3) Medalla de bronce: Chus Rodríguez Fraga
As gañadoras das medalas de prata e bronce non puideron asistir ao acto por encontrarse fora. Se lles mandou a medalla e remitíronnos unha foto con ela.
Categoría masculina:
1) Medalla de ouro: Adrián Dios Vicente
2) Medalla de prata: José Rodríguez Rey
3) Medalla de bronce: Gustavo Noya Pena
Foi un acto entrañable no que estiveron presentes Chus Iglesias da asociación Paluso e Oscar Páramo que foi alumno de prácticas en Alumni USC e colaborou de xeito fundamental na organización da carreira.
Confiamos que o vindeiro ano podamos organizar outra carreira solidaria dado que a iniciativa tivo gran éxito.