O mércores, 13 de marzo, no Pazo de Fonseca tivo lugar o acto de entrega de medallas aos clasificados/as na 4ª Carreira Virtual Solidaria.
O evento foi realizado a través da plataforma online RockTheSport e a favor da Fundación Andrea, cuxa finalidade consiste na atención e apoio ás familias de escasos recursos con fillos que padezan enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.
Os nomes gañadores foron os seguintes:
- Ouro masculino – Adrián Dios
- Prata masculino – Adrián Carballeira
- Bronce masculino – Antonio Vázquez
- Ouro feminino – Aroa Apestegui
Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa participación.
Vémonos na próxima carreira!



