
Estimad@ soci@!
Desde Alumni poñémonos en contacto contigo para informarte de que xa está aquí o V Encontro de Intelixencia Emocional da USC, un espazo onde atoparás aos nosos expertos colaboradores que che darán a coñecer todas as competencias necesarias para o desenvolvemento da túa intelixencia emocional, de gran axuda para acadar os teus obxectivos no ámbito persoal e profesional.
O Encontro celebrarase o 20, 21, 22 e 24 de outubro e constará de tres obradoiros online e dúas conferencias presenciais, dinámicas e participativas, cun enfoque grupal, cooperativo e reflexivo.
Convidámoste a visitar a web www.enmenteusc.com, onde poderás encontrar toda a información sobre o encontro, o programa, os relatores, os obradoiros e conferencias… e realizar directamente a túa inscrición.
Esperamos contar contigo de novo nesta edición!!

Grazas e saúdos!!