Na cuarta edición de EnMente contarase cun total de 6 relatores e relatoras, con recoñecido prestixio tanto a nivel autonómico coma nacional:
- Manuel Darriba (licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, experto en mindfulness, instrutor de Mindfulness BMIT e Máster de Mindfulness pola Universidad de Zaragoza)
- Emma Blanco (licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Posgrao en Terapia Familiar e Logopedia, especializada en crecemento e desenvolvemento persoal e tamén experta en Intelixencia Emocional)
- Manuel Conde (licenciado en Dereito e formado en Mindfulness e autor de varios libros sobre crecemento persoal e liderado),
- Patricia Rodriguez (licenciada en Dereito Económico e Coach profesional)
- Libertad Culebras (licenciada en Psicoloxía, máster en Psicoloxía Educativa)
- Belén Ventín (Bióloga, nutricionista e Coach internacional)
No primeiro obradoiro, “¿CÓMO XESTIONAR A NOSA ANSIEDADE? CONECTA COA TÚA SERENIDADE”, Manuel Darriba mostraranos que é o mindfulness e como a súa práctica regular pode axudarnos a desenvolver os recursos internos que nos permitan separarnos dos nosos pensamentos.
Emma Blanco impartirá o obradoiro “RISA BEN INTENCIONADA: CLAVES PARA PROGRAMAR O NOSO SENTIDO DO HUMOR“, no que coñeceremos o noso sentido do humor e aprenderemos a rirnos de nós mesm@s para afrontar a vida en positivo.
No obradoiro de Manuel Conde “NON EXISTEN OS FRACASOS, SÓ AS CLASES PARTICULARES: O PODER DE SER UNHA PERSOA RESILIENTE” aprenderemos que o fracaso é un aliado que nos chega dunha forma desproporcionada e darémonos conta que o erro está en confundir pensamento e realidade.
Patricia Rodríguez, con “FERRAMENTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE EQUIPOS EFICIENTES, AUTOMOTIVADOS E AUTOXESTIONADOS” ensinaranos que, cando a xestión do equipo é óptima, o rendemento chega a ser extraordinario.
Libertad Culebras permitaranos coñecer, co obradoiro “O MEDO COMO ALIADO DO EQUILIBRO EMOCIONAL”, que o medo ten a orixe no noso cerebro, os mecanismos que emprega e como podemos chegar a superalo.
E Belén Ventín falaranos de “NUTRICIÓN E EMOCIÓN: CÓMO SE ALIMENTA O NOSO CEREBRO?, para entender que a través da alimentación podemos previr enfermedades cerebrais e mellorar a saúde en xeral.
Para a difusión do foro e a xestión das inscricións, creouse a páxina web www.enmenteusc.com, que inclúe toda a información sobre o encontro (programa, relatores, obradoiros…), e que lle permite ás persoas interesadas realizar a matrícula directamente de forma moi sinxela, cubrindo os seus datos persoais e escollendo tres dos seis obradoiros ofertados.
O período de inscrición está aberto ata o próximo 27 de setembro. Ten un custe de 35€; entre o 27 de setembro e o 03 de outubro, 45€; e no caso dos estudantes será de 15€ (xustificando tal condición).
A matrícula inclúe tamén a primeira cota gratuíta de asociado/a a Alumni, unha oferta válida só para novos socios, que poderán beneficiarse de todas as vantaxes que ofrece a asociación para os seus membros: wifi gratuíto, préstamo bibliotecario, descontos en cursos de verán e ofertas promocionais en máis de 15 tendas e establecementos etc.
Ademais da web, a organización pon a disposición das persoas interesadas un teléfono (669 962 249) e un correo electrónico (enmenteusc@gmail.com), a través dos cales poden realizar toda clase de consultas sobre o encontro e recibir e ampliar a información sobre o mesmo.
Tamén se creou unha páxina de Facebook, para que as persoas que a sigan poidan estar informadas, de maneira permanente e actualizada, sobre as persoas relatoras, os obradoiros, os prazos de matrícula e prezos, así como das últimas tendencias sobre intelixencia emocional.
Páxina web: www.enmenteusc.com
Mail: enmenteusc@gmail.com
Teléfono: 669 962 249
Facebook: https://www.facebook.com/EnMenteUSC/