O día previo a celebración do día das letras galegas, o 16 de Maio, Alumni USC estivo presente no acto académico celebrado pola Universidade de Santiago de Compostela no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, presidido polo reitor Antonio López.
A representante de Alumni USC, María Curros Ferro, acudiu ao acto en honra de Luísa Villalta, no que María Xesús Nogueira Pereira, profesora do departamento de Literatura Galega, e Montse Pena Presas, profesora do departamento de Didácticas Aplicadas, presentaron o libro Escribir para quen. Relecturas posíbeis de Luísa Villalta, un exemplar editado pola Universidade en homenaxe á escritora.