O 16 de maio a USC festexou o Día das Letras Galegas cun acto ao que asistiu a vicepresidenta, Luisa Rivas García, no Salón Nobre de Fonseca.
Este ano o día estivo dedicado á honra de Francisco Fernández del Riego e repartíronse exemplares do libro titulado: Francisco Fernández del Riego, ao meu xeito rebelde.
O catedrático do departamento de Filoloxía Galega, Xosé Henrique Monteagudo pronunciou a conferencia titulada “Francisco Fernández del Riego: ao seu xeito rebelde”.


