O 22 de xaneiro do 2019 celebrouse a conferencia do Profesor Carlos Pajares, catedrático de Física e antigo reitor da USC, que levaba por título Ciencia ou relixión.
Ao acto, presentado pola presidenta de Alumni USC, asistiu o decano da facultade de Filosofía Dr. Marcelino Agís. A conferencia resultou de grande interese e ao seu remate houbo un animado coloquio.