O 22 de xaneiro do 2019 o profesor Carlos Pajares, catedrático de Física e exreitor da USC, impartiu a conferencia Ciencia ou relixión.
Ao acto, presentado pola presidenta de Alumni USC, asistiu o decano da facultade de Filosofía Dr. Marcelino Agís. Ao final da conferencia tivo lugar un animado coloquio dos asistentes.
O 22 de febreiro o profesor Carlos Pajares impartiu a mesma conferencia no Campus de Lugo e foi presentado pola vicepresidenta de Alumni USC, Julia Melgar. Os asistentes participaron nun animado parladoiro, ao final da conferencia.