O 17 de Febreiro, ás 19:30h no Salón de Actos de Filosofía, tivemos o pracer de asistir a unha conferencia-coloquio de Henrique Alvarellos, xornalista, “Os últimos carballos do Banquete de Conxo”. Henrique deu unhas explicacións moi interesantes acerca do Banquete de Conxo do domingo 2 de marzo de 1856, onde houbo “tres brindes e un carballo milenario”.
Ao coloquio asistiron 20 dos nosos socios e socias, respetando as distancias e medidas da situación sanitaria actual e outros vinte de outros ámbitos da sociedade santiaguesa. Queremos agradecer a Henrique Alvarellos a súa interesante conferencia.