O sábado, 29 de marzo, o Club de sendeirismo continuou o Camiño do Taverneiro coa etapa de Salvaterra do Miño ata Ponteareas.
Este camiño de momento non é oficial pero conta coa base histórica que acredita o seu interese cultural. Leva o nome dun peregrino de Pontecaldelas que faleceu no ano 1874 en A Estrada despois de realizar o roteiro. A distancia desta etapa foi de 16 km cunha parada intermedia na área recreativa da Praia fluvial de Abelán aos 8 km.
Xantaron no restaurante Casa Rivero de Ponteareas. Trala comida regresaron a Santiago.



