O pasado sábado, 30 de novembro, o Club de Sendeirismo realizou un percorrido de 15,7 km desde Brión (Rianxo) ata Imo (Dodro). Esta etapa coincide parcialmente coas etapas nº 4 e 5 do Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe.
Houbo unha parada intermedia aos 9 Kms debaixo da ponte nova de tren de Catoira (Concello de Rianxo).
Despois do xantar na parrillada “Criollo”, realizouse unha visita guiada polo casco histórico de Padrón.
Ao rematar a actividade, emprenderon o regreso.

