Club de Sendeirismo – Roteiro da Area Recreativa Nossa Senhora da Cabeça ata Vilanova da Cerveira

O pasado sábado, 1 de febreiro de 2025, o Club de Sendeirismo realizou unha ruta de 15 km tras ser reprogramada desde a súa data inicial do 25 de xaneiro por mor das malas condicións meteorolóxicas.. O percorrido comezou pola Ecopista, percorrendo un treito que vai desde a Area Recreativa Nossa Senhora da Cabeça en Valença do Minho ata Vilanova da Cerveira, en Portugal, tendo como compañeiro principal o río Miño, que acompaña o percorrido durante case toda a súa extensión.

Aos 8 km, realizouse unha parada intermedia de autobús no campo de fútbol da Associação Deportiva de Campos en Portugal.

Co remate da etapa, os participantes dirixíronse ao Restaurante Novo Arroio en Tomiño, onde desfrutaron dun delicioso xantar. Ás 17:00 h, os participantes realizaron unha visita guiada ao Museo Catedralicio Diocesano de Tui, con entrada de balde. Unha vez rematada a visita, sobre as 18:30 h, o grupo iniciou o regreso a Santiago.

Esta actividade foi unha excelente oportunidade para disfrutar da natureza, a historia e a gastronomía da zona, nunha xornada completa de sendeirismo e cultura!