O club de sendeirismo completou o 2 de abril a súa quinta etapa do Camiño de Santiago, cuxo traxecto estaba comprendido entre Fisterra e Muxía.
Os 17 kilómetros desta ruta pasan polas localidades de A Grixa, Quintáns, San Martiño de Ozón (onde se atopa un dos tres hórreos máis grandes de Galicia) e Merexo. Tras deixar atrás as vistas a Camariñas, adentrámonos en Chorente, a última aldea antes de baixar por un sendeiro ata a praia de Espiñeirido. Máis tarde entramos en Muxía, camiño do Santuario da Virxe da Barca.
Cerca do santuario mariano tamén localizamos tres pedras que son símbolo da mestura entre a tradición xacobea e a cultura popular: a pedra de Abalar, a pedra dos Cadrís e a pedra do Timón.