O Club de sendeirismo fixo a derradeira etapa do Camiño Portugués pola costa o sábado 27 de xaneiro.
A etapa, de 18,290 Km., comezou na Igrexa da Escravitude e finalizou na Catedral de Santiago de Compostela.
Ás 17:00 h. a Corporación Municipal do Concello de Santiago agasallou á asociación cunha fermosa acuarela da Praza do Obradoiro con peregrinos de Joaquín González Dorao, que recolleu a vicepresidenta e coordinadora do Club de sendeirismo, Luisa Rivas García.


