Este sábado 16 de decembro, o club de sendeirismo de Alumni USC realizou a 9ª e a 10ª etapa do Camiño Portugués pola costa. A andainda foi de 16 km. dende Valga ata A Escravitude, cunha visita ao espectacular Pazo do Faramello.
Un pouco de Historia: (info. recollida da páxina web do Pazo do Faramello)
O Pazo do Faramello é un edificio de comezos do século XVIII de estilo barroco compostelán civil, con marcadas influencias italianas que delatan a orixe xenovesa do seu fundador, o Marqués de Piombino. Está situado en pleno corazón da Comarca do Sar, equidistante en 12 km. de Padrón e de Santiago de Compostela; é o último Pazo atravesado polo Camiño de Santiago portugués antes de chegar á capital compostelá. Destaca entre a elite dos grandes pazos galegos pola súa orixe industrial, xa que se fundou a partir da Real Fábrica de Papel do Faramello, 1710, pioneira e abandeirada da industria galega por máis de dous séculos. Construido sobre o canón do río Angueira (Tinto) e rodeado por unha fraga en fráxil equilibrio, supón ser un esforzo de conservación recompensado coa asombrosa biodiversidade do lugar.










Rosalía de Castro