O pasado sábado, 29 de Xuño, o Club de Sendeirismo participou na última andaina da tempada.
Saíndo antes das nove da mañá de Santiago, os sendeiristas percorreron 16 quilómetros, cunha breve parada na metade do camiño, dende A Poboa do Caramiñal ata o Cabo de Cruz.
Ao mediodía, tras rematar o percorrido, os sendeiristas desfrutaron do xantar en Santa María do Castro de Cabo de Cruz, e tras rematar a comida puideron deleitarse coa visita ao Centro Arqueolóxico do Barbanza Castro de Neixón.
Vémonos á volta do verán!


